O cumpreanos de Víctor

Onte Victor A. Cazón Mora cumpriu 8 anos. Para celebralo na clase, invitou aos seus compañeiros e compañeiras. Os chuches estaban ben ricos, e aínda que Ismaíl pensou que habería que lle estricar algunha orella, non pasou nada. Ao final, cantamos unha canción e todos desexamos a súa felicidade.

Víctor

Tempo de sorpresas

Hai uns días, Óscar sorprendeunos cun agasallo para todos. Trouxo unhas riquísimas rosquillas que preparara coa súa nai na casa, aínda que non celebraba nada especial. E hoxe apareceu Clara con outra sorpresa misteriosa: unha caixa chea de moedas de ouro e de prata, e tamén con ovos máxicos de chocolate.

Ismaíl alegrouse moito, e as nenas e os nenos emocionáronse e comeron coma se estivesemos de festa. Ao mellor é certo: estamos de festa pero non nos decatamos. Pois a pesar da choiva e dos ventos, vivimos un tempo de bonitas sorpresas...

Clara

A perla e os cinco amigos

Érase unha vez cinco amigos. Un deles viu un castelo, e outro deles viu que algo brillaba. Ese neno era pobre.

Todos á vez viron que era unha perla e foron buscala polo camiño. Loitaron con intrusos, e cando a encontraron un deles colleuna.

Pero como non era pobre, regaloulla ao outro. E viviron felices e comeron perdices...

A perla e os cinco amigos, de Inés

[Inés Márquez Mouco-Víctor A. Cazón Mora]

Un demo no avión

Aínda que é difícil de crer, unha vez pasou que había un demo que quería voar e viaxar polo ceo azul.

Un día foi ao aeroporto e pediu un billete para voar, pero non llo deron. Entón colouse e sentouse nunha á do avión. Alí encontrouse cunha dema.

A dema nomorouse do demo. Despois voaron ata chegar a París. E viviron nunha granxa de galiñas con dentes e porcos voadores, e tamén con vacas con mans e pés que trepaban polas paredes.

E así será para sempre...

Un demo no avión, de Ana

[David Canedo Carmueja-Ana Antelo Nieto]

A rosa e o libro

Aínda que é difícil de crer, unha vez pasou...

Había unha vez un libro que era máxico. Abriuse e soltou unha rosa que brillaba. Un neno atopouna e levou a rosa para casa, e gardouna nunha caixa de cristal.

Entón, a rosa voou co neno e foron a unha casa abandonada que estaba limpa. Alí a rosa tirou ao ceo un pétalo e saiu un arco da vella máxico.

E así será para sempre...

A rosa e o libro, de Clara

[Clara García Castaño-Andrea Gómez Ardións]

O dragón e os xoguetes máxicos

Había unha vez un dragón solitario. Un día foi voando polo deserto e encontrou uns xoguetes máxicos.

Así que o dragón solitario deixou de ser un dragón solitario.

Entón, un día perdeu un xoguete. Pero como sabía voar, colleu e... colorín, colorado...

O dragón e os xoguetes máxicos, de Alba

[Alba Velasco Bande-Jacobo Barreira Diz]

El viernes no hay clase

Acabo de leer en la prensa digital, por Internet, que la Consellería de Educación ha decidido suspender mañana las clases en todos los centros de enseñanza no universitaria. La medida afecta a las provincias de A Coruña y Lugo, y se debe a las previsiones de fuertes vientos. Os lo comunicamos para que toméis las medidas oportunas, y también las debidas precauciones.

Un saludo de Ismaíl, que seguro que el lunes escuchará muchas historias de vientos y lluvias...

Kirikou e a paz

Acórdaste de Kirikou? Despois de ver a súa película, a súa canción pareceunos fermosa e moi alegre. E por iso con ela bailamos moitas veces na clase. Pero hai nenos e nenas coma ti que están tristes, porque sofren a violencia e as guerras. Escoita de novo a canción de Kirikou e pensa un pouquiño neses nenos, que non teñen a túa sorte.

Despois, escribe o teu comentario ou envía unha MENSAXE DE PAZ para o mundo enteiro.

A bruxa xoguetona

Hai centos de anos había unha bruxa xoguetona que sempre ía ao parque. Pero cando a bruxa ía ao parque, a xente asustábase. A bruxa chamábase Belinda.

Un día, Belinda foise para a súa casa. Comeu e merendou e foi outra vez ao parque, e os nenos que había alí achegáronse ata á bruxa e foron moi moi amigos.

Entón, o galo cantou e este conto rematou...

A bruxa xoguetona, de Daniel

[Noelia Bacariza Moreno-Daniel López Rebollo]

O supermercado e a perla

Érase unha vez unha nena e un neno. Foron ao supermercado e a nena díxolle que fose preguntar se había perlas. Pois a ela dáballe a risa.

Entón o neno foi e preguntou se había porcos. E dixéronlle que non. Entón logo volveu, e a nena dixo onde estaba a perla.

O neno contestou que non, e a nena díxolle outra vez que tiña que preguntar pola perla. E colorín, colorete, pola cheminea vai un foguete...

O supermercado e a perla, de Alicia

[Eloy Carro Barros-Alicia García Martínez]

O príncipe e o anel

Hai moito tempo un príncipe quería casarse cunha princesa. Pero non tiña o anel de voda.

Foi a un supermercado a comprar unha espada e despois foi ao castelo para coller un anel. Pero había un dragón.

O príncipe matouno e colleu o anel para poder casarse. Entregoullo á princesa e casáronse. Foron felices, comeron moitas perdices e a min déronme coa porta nos narices...

O príncipe e o anel, de Sofía M.

[Sofía Martínez Hernández-Óscar Maceiras Lago]

A illa misteriosa

Había unha vez un dragón que subiu a un avión e tocou os mandos. O avíon descontrolouse e caeu nunha illa misteriosa.

Os pasaxeiros caeron na area mentres. E o dragón encontrou unha tribo perigosa. Entón, queimouna e axudou ás persoas que caeran na area.

E colorín, colorado, este conto está rematado...

Rita

Sergio

[Irene Losada Bestilleiro-Rita Rodríguez Iglesias-Sergio Aller Rodríguez]

O tesouro marabilloso

Había unha vez un neno que colleu o tren camiño de Italia. E encontrou un mapa dun tesouro.

Camiñou e encontrou a cruz do tesouro, e escavou e escavou ata encontrar o cofre do tesouro. Pero non tiña a chave, e escavou outra vez e encontrou a chave.

Abriu o tesouro e había ouro e rubís e esmeraldas e diamantes e zafiros. E colleu o tren camiño da súa casa. E colorín, colorado, este conto está rematado...

O tesouro marabilloso, de Sofía E.

[Sofía Escobar Barrera-Miguel García Barreiro]

A bruxa que quería aprender a ler

Había unha vez unha bruxa que quería aprender a ler. Un día foi a unha escola.

A bruxa tiña ganas de ler e preguntoulle a un neno:

-Neno, neno, axúdame a ler!
-Non, bruxa fea...

Entón, a bruxa foise e preguntoulle a outro neno:

-Neno, neno, axúdame a ler!

O neno díxolle que si e ela respondeu que grazas, neno. E colorín, colorado, este conto está rematado...

A bruxa que quería aprender a ler, de Iria

[Iria López García-Lorena Espiñeira Mejuto]

O mundo

Como xa sabedes, un día Ismaíl contou para todos a súa historia. Dixo que viña de lonxe, do lugar dos desertos, pero que lle gustaba vivir na nosa terra. Sobre todo, nos vellos castros, nas bibliotecas e nas escolas. Pero agora, e grazas a un sitio amigo que se chama O recanto de Mik, podemos coñecer un pouco mellor o seu mundo, que é o de todos...

No noso mundo hai moitos pobos e xentes diferentes, e hai moitas cores porque está cheo de vida. Por iso, temos que coidalo!

O lobo e o neno

Hai moito, moitísimo tempo nunha manda de lobos había un lobiño moi bonito de cor negra e gris. O lobiño entretíñase cun mamut macho, pero un día quedou moi lonxe da súa manda.

Un neno encontrounos e levounos para a súa casa. Entón os tres fixéronse uns amigos inseparables.

O lobo e o mamut e o neno creceron e foron maiores, porque tiñan a comida do neno. E colorín, colorado...

Jacobo

[Jacobo Barreira Diz]

Ismaíl y su aventura

Hace mucho tiempo, Ismaíl vivía en Malpica. Allí conoció a un joven llamado Mario, y se fueron a tomar una tapa a un restaurante cerca de la playa.

Al poco rato, Ismaíl dijo que se iba a recoger conchas.

-Vale -le contestó Mario.

Ismaíl se marchó a todo correr hacia la playa, y recogió conchas hasta que se cansó. Entonces, se dio cuenta de que estaba sólo y de que había llegado a la cueva de un dragón malvado. Mario le había contado cosas de ese dragón, pero cuando se encontró con él se dio cuenta de que era inofensivo.

-¿Por qué lloras? -le preguntó Ismaíl.
-Porque no tengo amigos ni amigas con los que jugar...
-Pues no te preocupes, que yo seré tu amigo.

Ismaíl buscó a Mario y juntos fueron a avisar a sus amigos y amigas. Volvieron a la cueva del dragón y lo pasaron muy bien. Y colorín, colorado, este cuento está terminado... FIN

Ismail en el colegio de Malpica

El dragón de la playa

[Ana Antelo Nieto]

Una historia verdadera

Un día, cuando salía del colegio llovía mucho. Los niños y sus padres llevaban paraguas, y yo también...

Pero desgraciadamente me caí en una alcantarilla y casi me ahogo. Mi madre me rescató muy rápido.

La alcantarilla estaba llena de agua fría y sucia. Mamá me quitó toda la ropa de encima y me tapó con su parca. Y todo acabó en un susto...

Lorenzo

[Lorenzo Botnar]

Os contadores de historias

Durante os meses de outubro, novembro e decembro publicamos 50 contos. Eses contos foron inventados e escritos por nenos e nenas de Culleredo, que son os contadores de historias desta escola. Así que, hoxe, temos que elexir aos mellores, os que máis imaxinaron e se esforzaron.

Non resultou unha elección fácil, pois había traballos moi interesantes. De todos eles, destacamos os seguintes:

  NENAS NENOS
1º premio Ana Jacobo
2º premio Noelia Miguel
3º premio Marta Óscar

Desde a Escola de Ismaíl, a nosa felicitación para estes pequenos escritores, para que sigan inventando historias tan bonitas. Disfrutamos moitísimo coa súa lectura...!

Queremos máis contos para ler!

50 historias, 50 mundos

Estes días cumprimos tres meses desde que empezamos esta aventura. Para Ismaíl, o blog naceu de maneira ben sinxela. Desde as experiencias dunha aula, el quería contribuír ao desenvolvemento da lectura e a escritura dos seus amigos e amigas. E publicamos xa 50 contos, aínda que escribimos algúns máis.

Hai historias moi diversas: de animais, de lugares misteriosos, dos soños, de seres máxicos, e onde ás veces participan personaxes doutros contos. Claro que tamén falan de Ismaíl, pero el sabe que os verdadeiros protagonistas son estes pequenos escritores.

A escritura non é algo fácil. Para eles, escribir é coma ir ata a Lúa. Ismaíl cre que o están a conseguir, pois son moi valentes.

Escribir é coma ir ata a Lúa!

Ánimo e moitas felicidades!!!

Los 10 cachorritos

Un día una mamá perra tuvo diez cachorritos. Eran todos muy, pero que muy bonitos.

Después de desayunar, se fueron todos a pasear. Y se encontraron con muchos perros, y también se fueron a la tienda de animales. Allí, una chica compró un cachorrito.

Más tarde, se marcharon al parque y lo pasaron muy bien. Conocieron a muchos perros y jugaron con ellos a muchos juegos. Al volver a su casa se bañaron, y en el baño hicieron burbujas de jabón y jugaron con la esponja.

Para cenar, los cachorritos chuparon las tetas de su mamá, y después se fueron a dormir...

FIN

Rita

[Rita Rodríguez Iglesias]

O monte sagrado

No tempo de María Castaña existía un monte máxico. Pero xa veredes o por que.

Certo día, chegaron uns homes que crían que no alto do monte había un tesouro escondido. Así llo dixera un sabio, e eles querían buscalo.

Colleron uns picos e craváronnos no monte. Entón oíron uns berros, e decatáronse de que nunca poderían roubar aquel tesouro...

O monte sagrado, de Jacobo

[Jacobo Barreira Diz]