Ismaíl o viaxeiro

Este colexio está a resultar marabilloso para Ismaíl, pois coñece a un montón de nenos e nenas. Pola mediación destes novos amigos, e despois das súas viaxes, o ano pasado fixéronlle roupa moderna para que se vista á moda. A fin de contas, un gnomo viaxeiro tamén pode ser elegante. ¿Ou non?

Así, Sandra Moreno, a nai de Noelia, preparoulle uns pantalóns verdes, un gorro verde e unha camiseta amarela. Belén Míguez, a nai de Marta, coseulle unha fermosa capa da mesma cor verde. Marta Castaño, a nai de Clara, fixo unha chaqueta vermella, uns pantalóns grises e unha capa azul, e que incluso leva un botón dunha chaqueta da súa filla.

E María José Barros, a nai de Eloy, regaloulle unha capa morada cuns bordados brancos moi bonitos. Esperanza Lago, a nai de Óscar, sorprendeuno con dous gorros azuis, un para a chuvia e outro de festa, e ademais cunha capa azul como a de Superman. ¡Si, si...! ¡Agora Ismaíl pode vestir a capa de Superman!

E Montserrat Mouco, a nai de Inés, que é unha gran costureira, encantouno cuns pantalóns, un gorro, unha camisa ampla e uns zapatos. Todo en verde e encarnado como mandan as regras dos mundos máxicos. E para rematar, a nai de Ana e a súa tía, Elena Nieto e Edita Antelo, trouxéronlle unha camisa branca con tres botóns e uns pantalóns vaqueiros.

As sorpresas foron tan grandes, que Ismaíl case quedou sen palabras pola emoción. Nunca antes recibira tantos agasallos, moi variados e prácticos. Por iso, xamais esquecerá estas familias tan fantásticas, e sempre estarán na súa memoria.

Da súa parte, un biquiño miudiño para todos e todas…

9 comentarios

Anónimo dijo...

Hola Mario la historia es chulisima la verdad es que si.

Mario Aller dijo...

Miguel, Ismaíl alégrase de que che guste a historia das súas viaxes. Hoxe pensará en ti, e ti pensa en papá e dalle unha forte aperta, que é o seu día...

Anónimo dijo...

Hola Mario,Ismaíl está fermosísimo grazas ás estupendas MAMAS.
Un bico.
E que pases un bo día do PAI.

Anónimo dijo...

Ali, dálle a papá unha aperta e un bico grandes, grandes, grandes...

Anónimo dijo...

No tenía ni idea de que nuestro viajero Ismaíl tuviese tan amplio ropero, qué barbaridad, además de todos los colores, si es que esas madres son fantásticas, de verdad.
Que tengáis todos un fantástico día y para los papás de estos niños, muchas felicidades, y para ti Mario si también eres papá, y para los "Pepes" "Pepas" Pepis" "Joses" "Josefas"...en fin felicidades a todos y todas

Anónimo dijo...

Hola Mario, es muy bonita la historia.

Anónimo dijo...

Ismail quedamos un día en el parque con amigos y jugamos.

Anónimo dijo...

Hola Ismail, te portas muy bien con nosotros.Esperamos verte mucho tiempo.

Alba dijo...

Ismail que viajes tan chulos.